23 de nov. de 2008

(Sobre "O avó escravo de Afonso Sueiro Campanha")
[...]
Cando transcorreran os sete anos tras a saída de Monforte de Lemos, Aurelio Teixeiro chegou a Angola xunto cun destacamento comercial francés en calidade de experto en culturas indíxenas. Pretendía Francia establecer vencellos con esta colonia portuguesa para a importación de café, cacao e algodón, para o cal precisaba o beneplácito da metrópole. No curso dunha festa na sede da administración colonial en Luanda, Aurelio coñeceu a Afonso Sueiro Campanha, empresario luso dedicado ao negocio do café, e no seu corazón prendeu o lume do amor dunha maneira como antes non coñecera. Afonso Sueiro tamén se sentiu inexplicabelmente atraído desde o primeiro momento por aquel mozo imberbe de delicadas faccións e gran desenvoltura. Coidando trastornadas as súas inclinacións amatorias cara a praceres contranaturais, o portugués deixouse levar polo ardor e foi compartir leito con Aurelio baixo a lúa africana. O descubrimento do corpo da muller por debaixo das roupaxes masculinas produciulle, sucesivamente, estrañeza, riso, admiración e louca paixón.
[...]
O Xardín
(páx. 28)




Pintura de Karolina Gainsbourg