21 de nov de 2008

Un sitio seguro

– Non é fácil, rapaz. De feito, é máis que difícil. Pero explicareicho. Entre os paxaros, cada un ten o seu voo e todos son diferentes. Con ese voo, eles crean no aire unha onda que se converte nun bucle magnético, unha especie de remuíño. É a súa maneira de existir e de se entenderen entre eles, entre os da súa raza, séguesme? Pois ben, se ti colocas as mans en certa posición, de xeito que o vento reproduza ese bucle magnético arquetípico, eles recoñéceno e acoden. Porque creas un lugar familiar, un sitio seguro.
O Xardín (páx. 117)