15 de dez. de 2008

(Sobre "A detención de Alexandra Vasilovna Herzen")

[...] Finalmente, foi desenmascarada en febreiro de 1945, detida e condenada a morte. Pero o remate da guerra, a vitoria do exército aliado e a desaparición ou detención dos altos mandos nazis mudaron o escenario, permitindo que Alexandra, tras seducir o director do cárcere onde se encontraba, fose posta en liberdade baixo a responsabilidade deste e emprendese unha rápida fuxida para se zafar de posíbeis vinganzas persoais.
Chegou a París a finais do mes de maio, con vinte e sete anos, só unha pequena maleta e varios pasaportes diferentes [...]
O Xardín (páx. 344)