5 de dez. de 2008

Días de lecer no país do Yann

Despois de que comemos, apareceu Mandaroon. Entón, o capitán deu as súas ordes e os mariñeiros arriaron de novo as velas maiores. O navío virou e, deixando o curso do Yann, entrou nun fondeadoiro baixo os muros vermellos de Mandaroon.
Mentres os mariñeiros baixaban para recoller froitas, eu dirixinme en solitario á porta de Mandaroon. Unhas cantas choupanas había nas que moraba a sentinela. Un garda de longa barba branca estaba na porta armado cunha enferruxada lanza. Levaba uns grandes anteollos cubertos de po. A través da porta, vin a cidade. Unha quietude de morte reinaba nela. As rúas parecían que non foran pisadas e a carriza medraba mesta no limiar das portas; na praza do mercado, durmían confusas figuras. Un ulido a incenso viña co vento cara á porta, incenso de durmideiras queimadas, e escoitábase o eco de distantes campás.
Díxenlle ao garda, na lingua da rexión do Yann: "Por que están todos durmidos nesta calada cidade?"
El contestou: "Ninguén debe facer preguntas nesta porta, porque pode espertar a xente da cidade. Porque cando a xente desta cidade esperte, morrerán os deuses. E cando morran os deuses, os homes non poderán soñar máis."

Lord Dunsany. Contos dun soñador.